Parte do noso talento técnico tivo que emigrar. Queremos traelo de volta.

Para que poidamos ver xuntos como o Dépor sobe a Primeira

Para que poidamos ver xuntos como o Dépor sobe a Primeira

Anxo Vázquez, irmán de morriñenta

Quen?

Corunet é unha empresa tecnolóxica coruñesa con máis de 50 empregados que quere axudar a volver á casa ao talento técnico que se foi de Galicia.

Pero máis alá dunha soa empresa, hai unha grande Comunidade local traballando moi duro para que o ecosistema tecnolóxico galego sexa cada vez máis grande e atractivo para o talento:

Hack a Bos Northwest Startup Day Startup Galicia GDG Galicia VigoTech DAG - Asociación Galega de Deseño Vigo JVM User Group Coruña JVM User Group ViCON 2019 IGATA AtlánticaConf
Para que poidas comer as filloas acabadas de saír da filloeira, como mellor saben

Para que poidas comer as filloas acabadas de saír da filloeira, como mellor saben

María Touriñán, avoa de morriñento

Que?

En Corunet andamos á procura de programadores e programadoras para facer crecer o noso equipo na Coruña.

Alén dun ambicioso proxecto técnico e dun plan de carreira suficientemente atraente como para que os que estean fóra se animen a regresar á casa sen renunciaren a nada profesionalmente, queremos ofrecerlles todas as facilidades para que facelo sexa moi doado:

Para volver rachar nos Caneiros, como cando eramos pequenos

Para volver rachar nos Caneiros, como cando eramos pequenos

Iago Ramos, curmán de morriñenta

Cando?

Cando o morriñento ou a morriñenta prefira. Sabemos que organizar unha mudanza leva algún tempo, por tanto, despois de facerlle unha oferta formal e de asinarmos o contrato, esperaremos por el.

Tamén lle proporcionamos axudas para que poida vir en calquera momento. Por exemplo, facilidades para matricular os nenos no medio do curso ou para encontrar a casa dos seus soños en tempo récord.

Para que poidamos facer *kite* xuntos na Lanzada as fins de semana

Para que poidamos facer kite xuntos na Lanzada as fins de semana

Andrea Bouzas, amiga de morriñento

Onde?

A nosa oficina está situada no centro da Coruña, con vistas ao océano e ao «rañaceos» máis famoso da cidade: a Torre de Hércules.

Para poder encontrarnos pola rúa de improviso e compartir unha [Estrella Galicia](https://estrellagalicia.es/)

Para poder encontrarnos pola rúa de improviso e compartir unha Estrella Galicia

Pepe Mosqueira, tío de morriñenta

Por que?

E por que non? Traer de volta os profesionais que están fóra é bo para todos. Nós beneficiarémonos da experiencia única e dos novos puntos de vista adquiridos polos que volven.

Eles poderán regresar á casa, cos seus, coas mellores condicións posibles. Porque pode que Galicia non sexa o mellor lugar do mundo, pero é o noso lugar.

Para ir ver tocar o Combo Dominicano

Para ir ver tocar o Combo Dominicano

Lucía Lago, amiga de morriñento

Como?

Simple. Envíalle esta páxina ao teu morriñento ou morriñenta para que saiba que existe. Podes facelo por internet, terra, mar ou ar :)

Tamén podes mandarlle directamente unha das nosas oportunidades de traballo en concreto, se cres que podería encaixar nunha delas.

Para poder ver medrar os teus fillos, que tamén son os meus netos

Para poder ver medrar os teus fillos, que tamén son os meus netos

Benito Milán, pai de morriñenta

Oportunidades

What the FAQ?

Que carallo é isto?

A finais de 2018, Corunet pediulle axuda a Manfred para traer de volta á casa a programadores/as galegos que estean traballando fóra.

A proposta de Manfred foi o lanzamento da «Operación Morriña», mais advertiunos de que unha iniciativa así ―pouco habitual no mundo do recruiting― podía non ser comprendida ou mesmo criticada. A resposta de Corunet foi simple: «Aquí viñemos xogar». O resto é historia.

Que é Corunet?

Corunet é unha empresa informática coruñesa que constrúe software de alcance global sen perder as súas raíces locais. A súa mellor publicidade é facer software de calidade e con sentidiño. En vez de crecer á toa, apostou por un modelo de negocio sustentable no tempo e onde todo o seu ecosistema ―empregados, fornecedores, clientes e mesmo competidores― crezan con eles.

Que é Manfred?

En Manfred axudamos os técnicos a encontrar traballos que lles gusten e ás empresas a encontrar persoas cuxas habilidades e obxectivos persoais encaixen coas súas necesidades e cultura corporativa. Cremos que o recruiting técnico está roto e estamos dispostos a intentar amañalo ―ou a morrer no intento― cunha estratexia simple: pór o candidato sempre por diante de todo.

Tamén me podo candidatar a ofertas se vivo en Galicia ou se non son galego/a?

Podes. Aínda que algunhas das vantaxes da Operación Morriña están pensadas para xente que vive fóra de Galicia, podes presentar a túa candidatura tanto se vés de Marte como de Coristanco. Tampouco che pediremos o pasaporte, nin ningún certificado de galeguidade. Chega con que che gusten as filloas.

Existe algún requisito de permanencia na empresa e/ou penalización monetaria no caso de non o cumprir?

Non. É un risco económico para nós, mais tamén para os que dan o paso de regresar á casa, por tanto, ímolo compartir. Confiamos plenamente en que permanecerás no teu novo posto de traballo porque che gustará, non porque te obriguemos a ficar :)

Que pasa se ao final o meu posto de traballo non me gusta ou non me adapto?

Desde Manfred axudarémoste a encontrar outro novo posto de traballo. En Galicia ou fóra, ti decides.

Por que só hai ofertas de Corunet e non doutras empresas?

Porque foi Corunet quen apostou e financiou a Operación Morriña, porén, sempre coa idea de abrila a outras empresas e organizacións que queiran sumarse á iniciativa, por tanto, é probable que vexas moitas máis ofertas por aquí en pouco tempo. Non as perdas!

Isto como se sostén? Quen paga a festa?

Corunet pagou o desenvolvementos e Manfred executouno e encárgase da súa manutención.

No canto de investir en portais de anuncios clasificados de emprego ou noutras canles de recruiting, Corunet decidiu apostar por esta iniciativa co obxectivo de contribuír ao ecosistema tecnolóxico galego.

A lei obríganos a comunicarche que esta web utiliza cookies